Conferências Lusófona, 8º LUSOCOM

Tamanho da fonte:  Menor  Médio  Maior

A sátira política e social na televisión. A representación da identidade a través dos programas de humor nas canles autonómicas TV3, ETB e TVG

Marta Pérez Pereiro

Última alteração: 09-04-2009

Resumo


Esta comunicación analiza o papel que xoga o humor na representación da identidade cultural e
política nos medios, especialmente na televisión. Nos últimos anos, as canlesa autonómicas do
País Vasco, Cataluña e Galicia desenvolveron programas satíricos nos que os temas cómicos
principais son a identidade nacional e a vida pública. Vaya semanita!, Polãnia e Air Galicia, os
programas satíricos máis representatives destas canles, presentan distintas estratexias para
representar a vascos, cataláns e galegos, que son parte das políticas de representación da
identitade cultural en nación sen Estado. Os chistes e os gags tamén amosan o grao de censura
nestas canles que adoitan estar afectadas polo control gubernamental.
O método de investigación consistiu na análise comparativa de distintos sketches destes tres
programas na busca de temas, personaxes e da resolución dos conflitos humorosos presentados.

Texto completo: PDF