Os primeiros diarios galegos: as noticias “más ciertas y testimoniadas, oculares” para loitar contra os invasores franceses
Rosa Aneiros Díaz, Xosé López García
Última alteração: 15-04-2009
Resumo
A resposta da cidadanía galega contra a invasión francesa de 1808 foi contundente e
axiña aprendeu a utilizar as mesmas armas que o invasor. A guerra de guerrillas que
caracterizou a guerra da Independencia española - da que conmemoramos o seu
bicentenário - no plano militar tivo a súa vertente informativa na aparición de
numerosos medios de comunicación antinapoleónicos nos que se exhortaba á poboación
a rebelarse contra os franceses. Neste contexto bélico nace o primeiro diario en Galicia
baixo o título de Diario de Santiago. A súa vida abrangue dende o primeiro de xuño de
1808 ata o 21 de xaneiro de 1809. Nese mesmo ano de 1808 nacen o Diario de la
Coruña e a bisemanal Gazeta de la Coruña - ambas aparecidas o 22 de xuño - o
Apéndice al primitivo diario de Santiago e o Telégrafo político y literario de la Coruña.
Todos elas son combatentes do exército francés e dos afrancesados, agás a última etapa
da Gazeta de la Coruña na que dá voz aos intereses napoleónicos (período abranguido
entre xaneiro de 1809 ata xuño do mesmo ano, cando os franceses son expulsados de
Galicia). Estas publicacións diarias naceron só oito anos despois da primeira cabeceira
galega -El Catón Compostelano, 1808- e a análise dos seus promotores, obxectivos e
estratexias comunicativas permítenos establecer os alicerces sobre os que se asentou o
xornalismo diario de Galicia que compre agora douscentos anos.

Texto completo: PDF